III MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO (domingo 12 maio 2019)
Nesta fin de semana disputarase o esperado III MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO na mañá do domingo 12 de maio. Esta nova edición, que ten como madriña á atleta olímpica Alessandra Aguilar, dará comezo ás 10:00 horas nas inmediacións da Praza da Horta do Seminario.
No circuíto, que percorrerá aproximadamente 21 km pola cidade lucense, poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos –desde a categoría senior ata a máster– e conseguir os distintos premios económicos e trofeos que ofrece a organización, ademais da medalla finisher e camiseta para todas e todos os corredores que rematen a carreira cruzando a liña de meta. O evento, organizado por El Progreso en colaboración co Concello de Lugo, terá carácter solidario, pois doarase 2,00€ por cada inscrición na carreira en favor de UNICEF Comité Español.
Se non o fixestes, aínda estades a tempo de inscribirvos e participar! Recibiredes como obsequio unha bolsa de benvida ao recoller o voso dorsal na que se inclúe o chip, información da carreira e varios regalos como vales desconto e accesorios de deporte. Tedes toda a información detallada na páxina web do Medio Maratón, na súa páxina de Facebook e en ChampionChip Norte, desde onde debes facer a inscrición. Deixamos tamén á vosa disposición o ➤ regulamento con toda a información técnica relativa á carreira.
IMPORTANTE! Lembrade que este VENRES 10 DE MAIO terá lugar unha charla-coloquio con Alessandra Aguilar, Abel Antón e Fermín Cacho como protagonistas, unha oportunidade única de escoitar de primeira man as experiencias e os consellos de tres atletas olímpicos. Será a partir das 19:30 horas no local Afundación de ABANCA situado na Praza de Santa María, en Lugo.