MERODIO, NOVO CAMPIÓN GALEGO DE MARATÓN (domingo 14 abril, A Coruña)

José Luis Merodio Vázquez, un dos atletas máis veteráns do Club, remataría o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARATÓN convertido no campión autonómico da súa categoría máster, logo de finalizar os algo máis de 42 km nunha durísima carreira que acollía a localidade coruñesa o pasado domingo 14 de abril.

A xornada, acompañada por momentos de chuvia e vento, contou coa participación de máis de 800 persoas inscritas entre a categoría popular e o maratón galego, o único de Galicia homologado oficialmente pola Federación Española de Atletismo. Merodio, tras percorrer os 42.195 metros da proba, rexistraba un tempo de 3:21.25 que o situaban entre os primeiros 50 en cruzar a meta na clasificación xeral, ademais de obter a merecida medalla de ouro por categoría. Podedes consultar os resultados completos desde o enlace e botarlle unha ollada á galería de fotos premendo na imaxe.

©DXT Campeón. Imaxe de portada.

GRANDE NORABOA!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *