RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA MILLA EN RUTA (7 abril, Santiago)

Novos títulos e medallas no CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA disputado o pasado domingo na localidade de Santiago para as categorías menores, absoluta e máster.

©Fotocarlosgrafías.

A xornada de mañá, que daba comezo ao mediodía coas carreiras de competición, remataba con fantásticos resultados para os/as representantes do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA que se desprazaron ata a provincia coruñesa para participar nesta proba de milla en ruta.

Na carreira absoluta e SUB23 feminina, a fondista Laura Santos facíase coa medalla de prata e de ouro, respectivamente, logo de percorrer os 1.609 metros nun tempo de 5:40, revalidando o seu título anterior de campiona galega. Kevin Darriba, na proba masculina SUB20, finalizaría entre os dez primeiros por categoría cun rexistro de 5:05 minutos, cruzando a meta na 9º posición. 

A categoría máster non quedaría atrás e tamén traería consigo boas novas. Juan Gude convertiríase no campión galego rexistrando un tempo de 4:48 minutos e Emilio Gonta, na carreira masculina por categoría, remataría subcampión autonómico cun cronómetro de 7:54, cos que levaba a merecida medalla de prata. Na proba feminina era Carmen Novo a que conseguía manterse na cuarta posición por categoría cun rexistro de 7:53, a escasas décimas de subir ao podio.

Tedes nos accesos posteriores os resultados completos da xornada e dúas galerías de imaxes tomadas por ➤Fotocarlosgrafías e ➤RunPhotos Galicia, buscádevos nos seus perfís de Facebook para velas completas!!

GRANDE NORABOA!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *