CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS – XOGADE (domingo 3 febreiro, Vilalba)
O vindeiro domingo 3 de febreiro disputarase o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS no Circuíto A Madalena, en Vilalba. Ata alí desprazaranse os distintos equipos clasificados logo da fase previa de xaneiro, desde a categoría SUB10 ata a SUB16.
Da familia do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, loitarán polas vitorias tres equipos SUB12, dous femininos e un masculino; os grupos feminino e masculino da categoría SUB14 e outros tres na SUB16, dous das atletas femininas e un dos rapaces. Desta xornada sairán os vencedores que repetirán carreira no Campionato Galego de Campo a través en Ourense, esta vez para conseguir o título de líderes autonómicos.
Tedes aquí o circuíto e o horario de cada unha das carreiras, que darán comezo a partir das 11:30 horas e rematarán arredor das 13h, cando terán lugar as premiacións.
HORA | CATEGORÍA | DISTANCIA | PERCORRIDO | |
11:30 | SUB10/BENX | FEM | 700m | Saída-(A-B-C-F)-Meta |
11:40 | MASC | |||
11:50 | SUB12/ALEV | FEM | 1.150m | S-(A-B-C-F)-(A-B-D-C-F)-M |
12:05 | MASC | 1.450m | S-2x(A-B-D-C-F)-M | |
12:20 | SUB14/INF | FEM | 1.450m | S-2x(A-B-D-C-F)-M |
12:35 | MASC | 2.000m | 2x(S-A-B-D-C-F-M) | |
12:50 | SUB16/CAD | FEM | 2.000m | 2x(S-A-B-D-C-F-M) |
13:05 | MASC | 3.900m | 3x(S-A-B-D-C-E-F-M) |
A saída será en autobús desde Lugo (ás 9:30 horas diante do IES Lucus Augusti, antigo Masculino), tomarán alí o xantar que proporciona a organización e voltarase ao remate das premiacións, logo das carreiras.
LEMBRADE OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á VIAXE E A COMPETICIÓN:
- Acudir, polo menos, 10 minutos antes da hora de saída do autobús, co documento persoal de identidade. PRÉGASE PUNTUALIDADE.
- En caso de non acudir por causa imprevista, avisar canto antes a calquera dos/as monitores/as responsables, así como se algún neno ou nena non viaxase no autobús en algún dos traxectos.
- Traer imperdibles para colocar o dorsal asignado, ademais de zapatillas de cravos (se tedes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
- Vestir a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta e sudadera).
- Disfrutar moito da xornada, competir e divertirse en familia!