CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO e SUB23 – PC (domingo 20 xaneiro, Ourense)

Estabades agardando esta gran cita galega do atletismo en pista cuberta e aquí está! O domingo 20 de xaneiro terá lugar o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO e SUB23 en Expourense, onde participarán unha vintena de atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA para amosar o esforzo e traballo diarios ata mañá, onde non lles queda máis que facer o que ben saben.

Nesta ocasión, comezando pola categoría feminina, loitarán polas medallas Adi Iglesias e Brenda Lence, na proba dos 60 m.l.; Inés Blanco, nos 1.500 metros; Laura Santos e Paula Castro-Gil, nos 3.000 m.l. e Carla Mourelle, que repetirá participación nos saltos de lonxitude e triplo. A este equipo unirase Antía Pernas, atleta da Escola de Atletismo na categoría SUB14 que, á súa corta idade, conseguiu facer a mínima necesaria para acudir a un Campionato deste nivel, onde teñen a oportunidade de participar os/as deportistas máis destacados/as do panorama galego. Será nas probas de salto con pértega, coa súa mellor marca de 2.35 metros e 60 m.l., onde ademais conseguiu bater un novo récord galego na súa categoría, cun rexistro de 8.34 o pasado mes de decembro, que lle valeu para participar neste gran cita.

En canto á categoría masculina, será Santiago Rozas o que loite nos 60 m.l. e nos 60 m.v., proba na que participará tamén con Miguel Pérez; Miguel Borrego fará o seu nos 200 m.l.; Iago Núñez na proba dos 400 m.l.Agustín Cordero nos 1.500 metros e os atletas Esteban Iglesia e Daniel Pérez, dedicados ao fondo, compartirán espazo nos 3.000 m.l. No sector dos saltos, Yago Lorenzo seguirá debutando na pértega e Xavier Esteban disputará a proba de altura, mentres que nos saltos horizontais serán Diego Piñeiro e Pablo Modia os que participen no triplo salto e na lonxitude, respectivamente, tratando de mellorar as súas marcas coas mellores sensacións.

Por aquí tedes dispoñible o horario definitivo da xornada, a cámara de chamadas de cada proba e o enlace para seguir todos os resultados en directo!

Regulamento e horario definitivo
Horario cámara de chamadas

Para todas as persoas que solicitaron transporte, sairán das pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera varios vehículos ás 8:10 horas cara Ourense, onde terá lugar o xantar e cuxa volta está prevista ao remate da última proba con participantes do Lucus.

MOITO ÉXITO, ATLETAS, A AMOSAR TODO O QUE VALEDES!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *