FASE CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS – XOGADE (domingo 13 xaneiro, Lugo)
Comezamos este primeiro luns de xaneiro coa FASE CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS de XOGADE, nunha segunda xornada que terá lugar este domingo 13 de xaneiro, de novo no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo e cuxa participación realizarase individualmente ou por equipos nas distintas categorías, dos que sairán os escollidos para o Campionato Provincial de febreiro.
Igual que na preparatoria anterior, a partir das 11:00 horas darase o pistoletazo de saída ás primeiras carreiras para as categorías SUB10, SUB12 e SUB14, rematando cos e coas atletas SUB16 arredor do mediodía. Nesta ocasión, o circuíto, as distancias e os horarios de cada unha serán os seguintes.
HORA | CATEGORÍA | DISTANCIA | PERCORRIDO | |
11:00 | SUB10/BENX | FEM | 600m | C-A-D-F-B-C |
11:05 | MASC | |||
11:15 | SUB12/ALEV | FEM | 1.000m | C-A-D-E-F-G-B-C |
11:30 | MASC | 1.200m | (C-A-B-C)-(A-D-E-F-B) | |
11:45 | SUB14/INF | FEM | 1.200m | (C-A-B-C)-(A-D-E-F-B) |
12:00 | MASC | 1.600m | (C-A-D-F-B-C)-(A-D-E-F-G-B-C) | |
12:15 | SUB16/CAD | FEM | 1.600m | (C-A-D-F-B-C)-(A-D-E-F-G-B-C) |
12:30 | MASC | 3.500m | (C-A-D-E-F-B)-3x(A-D-E-F-G-B-C) |
Se aínda non o fixeches, confirma a túa participación antes do martes 8 de xaneiro ás 21:00 horas, ben por enderezo electrónico (a escolalucus@gmail.com) ou por vía WhatsApp no grupo correspondente. |
LEMBRA OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á COMPETICIÓN:
- Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da túa carreira, co documento persoal de identidade.
- Traer imperdibles para colocar o dorsal que che facilite a organización, ademais das zapatillas de cravos (se as tes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
- Vestir a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta e sudadera).
- Disfrutar moito da xornada, con competitividade e diversión!