SAN SILVESTRES 2018 para despedir o ano

Que sería do fin do ano sen as numerosas SAN SILVESTRE? Non importa onde te atopes de vacacións porque, sexa onde sexa, se hai algo que non falta son as famosas carreiras que despiden o ano deportivo por todo o alto, augurando éxito para o vindeiro que dará comezo.

A familia do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA non puido ser menos e foron bastantes os/as atletas que quixeron rematar o 2018 coa súa participación nestas tradicionais competicións, desprazándose por diversos puntos da provincia lucense e comunidade galega.

Entre elas, destacou o rexistro de Esteban Iglesia na San Silvestre de Ribadeo, que rematou coa medalla de prata na categoría absoluta e un tempo de 00:15.21, nos que cruzou a meta logo dos 5.000 metros de percorrido. Éxito tivo tamén un dos nosos directores da Escola de Atletismo, Miguel Pérez, que remataba a II San Silvestre de Monterroso cun rexistro de 00:23.40, nos 5,5km da carreira absoluta.

En canto ao centro da capital lucense, foron varios os representantes do LUCUS que se deixaron ver na San Silvestre Club Fluvial de Lugo, cun circuíto aproximado de 6.500 metros na proba absoluta. Nicolás Arrojo, cun tempo de 00:21.04, lograba facerse co terceiro posto da carreira; ao que seguiría Ángel Rábade (00:22.50), cunha cuarta posición na categoría máster; Gerardo Raposo (00:24.27), co sétimo posto da súa categoría; Rubén Arroxo (00:24.42); José Luis Merodio (00:26.42), campión no seu grupo e José Manuel e Duarte Traseira, cun mesmo crono de 00:28.24.

Para rematar, cabe mencionar a Milla Urbana de Sarria, na que Kevin Darriba finalizou coa terceira posición os case dous kilómetros de carreira, marcados por un tempo de 00:04.48; ao que seguiría o seu irmán Rubén Darriba (00:05.21), co primeiro posto na categoría SUB16 e varias atletas SUB14 femininas, con moi bos rexistros e primeiros postos nos seus grupos; ademais de Iago Núñez (00:05.08), que cruzaba a meta entre os dez primeiros atletas.

Ademais deste resumo, debemos dar tamén a noraboa a todas as persoas que participaron nas súas localidades representando ao club e dando o mellor de si. Podedes consultar os resultados completos nos enlaces e imaxes posteriores.

 
BO COMEZO DE ANO, ATLETAS!!