HOMENAXE A TITO MARGARIDE!
Onte o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA saía na prensa en apoio á homenaxe deste domingo a Tito Margaride, na III Edición do CROSS NACIONAL PONTE ROMANA, que terá lugar nos arredores do Pazo de Feiras e Exposicións, aquí en Lugo.
Unha parte dos/as atletas da Escola de Atletismo e do Club posaba así nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, recoñecendo ao gran protagonista da xornada e amosándolle todo o noso apoio na súa destacada carreira deportiva.
IMPORTANTE: Se aínda non formalizastes a vosa INSCRICIÓN, tedes ata hoxe como ÚLTIMO DÍA para facelo (directamente desde ➤ aquí), ademais de todo a información relativa á competición nesta nova anterior da nosa web (➤ preme aquí).