RESULTADOS do XV CROSS INTERNACIONAL ATAPUERCA (domingo 11 novembro, Burgos)

Voltamos desta gran fin de semana coas enerxías cargadas, logo da participación do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA na XV Edición do CROSS INTERNACIONAL ATAPUERCA, unha das mellores experiencias de Campo a Través, nun ambiente deportivo de excelencia e cunha emoción case inigualable. Todo isto puideron experimentar os/as atletas do Club que se desprazaron ata a provincia de Burgos, para disputar os diferentes percorridos en cada unha das categorías.

No equipo feminino, Inés Blanco disputaba a carreira absoluta, cunha distancia de 8km; Lucía López, na categoría SUB18/xuvenil, os 3.000 metros; Paula Castro-Gil, remataba nun tempo de 0:18.17 os 4.000 metros da SUB20/xunior e as atletas Carla Díaz, Mariña Otero e Amina Carracedo, da categoría SUB16/cadete, conseguiron deter o cronómetro dos 2km en 0:08.14, 0:08.170:09.19, respectivamente.

En canto aos atletas masculinos do Club, serían Esteban Iglesias (0:28.58), Daniel Pérez (0:31.13), Xavier Mora (0:31.20) e Marco Fernández os encargados de defender a categoría absoluta, nunha carreira de 9.000 metros en total; Kevin Darriba (0:21.26) e Agustín Cordero (0:22.49), farían o seu nos 6km da SUB20/xunior; mentres que o cadete Rubén Darriba, da categoría SUB16, conseguiría rematar os 3.000 metros nun tempo de 0:11.32, na súa primeira vez nesta competición internacional.

 

Se queredes coñecer os resultados completos, botádelle un ollo na imaxe posterior.

Noraboa a todas e todos os que vos animastes a participar!