AVISO IMPORTANTE – LICENZAS 2018/2019

Últimos días para tramitar as RENOVACIÓNS da licenza deportiva para a TEMPADA 2018/2019.

Se aínda non entregaches a ficha cuberta da renovación ou da alta, tes de prazo límite ata o 30 de outubro (fóra dese intervalo será responsabilidade do/a atleta aboar o recargo que aplique a Federación). Lembra que tes que achegar a seguinte documentación:

  • Impreso a dobre cara da RENOVACIÓN/ALTA da licenza da FGA/RFEA, debidamente cuberto e asinado (descárgao ➤ aquí).
  • Autorización do CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais pola Federación (➤ aquí).
  • Resgardo do ingreso da cota anual do Club (90€).
  • Unha fotografía tamaño carné.
  • tarxeta de residente e un certificado de empadroamento (SÓ ATLETAS DO ESTRANXEIRO).

Podes entregala de xeito presencial na nosa oficina, en horario de tarde, ou enviala a través do e-mail ao noso enderezo electrónico (atletismolucus@yahoo.es). Tes ata o martes, non te esquezas!!

Grazas a todas e todos por confiar en nós unha tempada máis.