II SALTAR NA RÚA (sábado 25 agosto, Pontevedra)
A segunda edición de «SALTAR NA RÚA«, evento organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra co obxectivo de achegar o atletismo ás rúas e á poboación galega, remataba este sábado 25 de agosto cunha exhibición de saltos onde se reunirían na localidade pontevedresa algunhas das figuras máis destacadas a nivel autonómico e nacional nas distintas especialidades; entre os que se atopaba Pablo Modia como invitado na lonxitude.
A partir das 19:30 horas, a Praza da Ferrería prepararíase para dar inicio ao espectáculo, comezando pola proba de salto de lonxitude, na que o triunfo estaría en dúbida ata o derradeiro momento entre David Ferrer e Pablo Modia, do que resultaría vencedor este último cun mellor rexistro de 7.03 metros. Deseguido, sería a especialidade de triplo salto a que captaría a atención do público alí presente, liderada polos nacionais e internacionais Ruth Marie Ndoumbe e Alfonso Palomanes; xornada que chegaría ao seu fin coa pértega, na que Miguel Cajaraville —entre outros/as atletas— impresionarían aos espectadores e espectadoras nunha exhibición que contaxiaba a provincia galega de compañeirismo e ilusión por este deporte, o atletismo.