SUBCAMPIÓNS GALEGOS de MEDIO MARATÓN (3 xuño, Riveira)

Esta mañá de domingo, 3 de xuño, tiña lugar o CAMPIONATO DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN, disputado á vez que o II MEDIO MARATÓN RIVEIRA21, na localidade coruñesa de Santa Uxía de Riveira, no que o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA rematou como subcampión galego por equipos!

A partir das 10:00 horas, daba comezo esta proba na que os/as participantes percorrerían un total de 21 km., partindo desde o Porto de Aguiño ata a mesma Riveira. Representando ao Club acudiron cinco atletas, que sumarían xuntos as forzas para puntuar como equipo e rematar a xornada como subcampións autonómicos. Os primeiros en cruzar a meta sería Juan Antonio Gude e Nicolás Arrojo, aos que seguiu Xabier Díaz, ambos os tres sumando un tempo de 3h 39′ 44″, que lles daría a medalla de prata neste campionato galego en equipo; así como Daniel Pérez e Ángel Rábade, que remataron en postos próximos con grandes resultados.

Podedes consultar os tempos de cada un dos/as participantes nos resultados da imaxe posterior.

NORABOA EQUIPO, SODES MOI GRANDES!!