Fin de semana de CAMPIONATOS DE GALICIA SUB16 e SUB18 (26 e 27 maio)

Fin de semana completo para as categorías SUB16 (cadete) e SUB18 (xuvenil), coa celebración dos CAMPIONATOS DE GALICIA nesta tempara ao Aire Libre. Coñece os lugares, horarios e os/as atletas que participarán por parte do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA!

Ao longo do día de hoxe, sábado 26 de maio, será a categoría SUB18 (xuvenil) a encargada de amosar o seu potencial nas Pistas A Malata de Ferrol, nun campionato que se disputará en xornada de mañá e de tarde. A continuación, proporciónase información de interese como o regulamento, os/as atletas inscritos/as e o horario definitivo, así como un enlace para que poidades seguir os resultados en directo.

👉 Horario definitivo 👉 Regulamento 👉 Lista de inscricións

 

En canto á categoría SUB16 (cadete), terán a oportunidade de ofrecer o mellor de si o domingo 27 de maio no Estadio Calabagueiros, na localidade ourensá de O Barco de Valdeorras. A xornada tamén terá lugar en xornada completa, pola mañá e pola tarde, e de novo adxúntase información de interese relacionada coa competición.

👉 Horario definitivo 👉 Regulamento 👉 Lista de inscricións
MOITO ÉXITO ÁS NOSAS RAPAZAS E RAPACES!!