RESULTADOS do CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO (21 e 22 abril, Andújar)

Esta fin de semana tiña lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO de atletismo na localidade andaluza de Andújar, do 21 ao 22 de abril en Jaén. Como podedes ver na imaxe, foron dous os atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA os desprazados ata o campionato, coñece os seus resultados!

Na xornada do sábado 21 de abril, comezaba a primeira proba para Santiago Rozas e Iago Núñez, en representación da Universidade de Santiago de Compostela nesta LXXIX Edición do Campionato Universitario. Sería nos 110 m.v., onde Santi remataría a súa participación nas semifinais, a un posto de meterse na final cun rexistro de 15.89. Mellor sorte tivo Iago, que conseguiu o pase directo cunha marca de 15.20 para a xornada da tarde –preto da súa MMP–, na que remataría nun 7º posto final detendo o cronómetro nos 15.27. Pero o podio chegaríalle coa proba dos 400 m.v., na que se faría co bronce nun tempo de 55.72.

Podedes consultar os resultados completos premendo na imaxe.

NORABOA RAPACES!