RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA 5000 e 10000 AL (18 marzo, Santiago)

A pasada fin de semana disputouse na localidade de Santiago de Compostela o CAMPIONATO DE GALICIA DE 5.000 e 10.000 na pista ao Aire Libre, cita á que acudiron atletas das categorías SUB18 ata máster. Tres foron os representantes do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, coñece os resultados!

Ás 11:00 horas comezaba a primeira das probas desta xornada do domingo 18 de marzo, sendo as mulleres das categorías SUB18 e SUB20 nos 5.000 metros. Carlota Ansede, atleta feminina SUB20, conseguiría rematar na terceira posición, co 2º posto na súa categoría e unha primeira marca da tempada de 20:42.09, mellorando o seu tempo con respecto ao ano pasado.

Será na última proba desta cita, ás 12:45h., cando participarían Esteban Iglesia e Kevin Darriba, nos 10.000 metros que comprendeu atletas desde SUB20 a máster. Nun tempo de 31:56.41, logrando a súa mellor marca persoal ata o momento, Esteban Iglesia remataría esta proba co 1º posto, converténdose no campión dos 10.000 metros a nivel autonómico. Kevin Darriba, pola súa parte, acadaría a décima posición no ránking absoluto e o 4º posto na súa categoría cun tempo de 35:23.75, estreándose nesta modalidade a presente tempada e con moi boas sensacións. Aquí tedes os resultados completos por se os queredes consultar.

NORABOA!