CAMPIONATO DE ESPAÑA PC e CAMPO A TRAVÉS (10 e 11 marzo)

Esta fin de semana estaranse a disputar tamén os CAMPIONATOS DE ESPAÑA SUB18 DE PISTA CUBERTA e de CAMPO A TRAVÉS, nas localidades de Antequera e Mérida. Seguide lendo para coñecer os representantes do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA nesta ocasión, así como consultar os horarios e seguir os resultados en directo.

Durante o sábado e o domingo, celebrarase o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18 (xuvenil) de PC, comezando nas primeiras horas do sábado e rematando na xornada de mañá do domingo. Logo de representar á Comunidade Autónoma de Galicia coa Selección Española a pasada fin de semana en Murcia, no Campionato de España de Campo a través para as categorías SUB16 (cadete) e SUB18, Lucía López correrá os 800 m.l. nesta ocasión a nivel nacional, tratando de superar a marca de 2:20.83 que logrou no Campionato Galego do pasado mes de febreiro, que tivo lugar na pista cuberta de Ourense. Podedes seguir os resultados en directo desde a imaxe posterior e consultar o horario definitivo no seguinte enlace.

👉 Horario definitivo

Xa no domingo, ao longo da mañá, terá lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS, que poderedes seguir con imaxe en directo a través do enlace posterior. Ata Mérida viaxaron representando a Galicia Juan Santiago Cacharro, que correrá os 8 km a partir das 11:00 horas na categoría SUB20 masculina; e Esteban Iglesia, que aproximadamente sobre as 13:00 horas do mediodía disputará os 10 km na categoría absoluta masculina. Podedes consultar o regulamento co horario correspondente a continuación.

👉 Regulamento e horario 👉 Imaxe en directo
MOITA SORTE A TODOS/AS!!