CAMPIONATOS DE ESPAÑA PC (2, 3 e 4 marzo)

Nova fin de semana de campionatos en pista cuberta, nesta ocasión os CAMPIONATOS DE ESPAÑA para as categorías máster e SUB20 (xunior), que terán lugar nas provincias de Salamanca e Ourense, respectivamente.

Como xa puidestes ler na imaxe que encabeza esta nova, os días 2, 3 e 4 de marzo disputarase o CAMPIONATO DE ESPAÑA PC para a categoría máster, sendo tres os/as atletas veteráns que acudirán por parte do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA á pista cuberta «Carlos Gil Pérez» de Salamanca.

Na categoría feminina, será Ros Sureda a encargada de loitar por conseguir o triplete nas probas de 200 m.l., altura e salto de lonxitude; mentres que na masculina loitarán Juan Antonio Gude e Xabier Díaz nos 3.000 m.l. Podedes acceder ao regulamento e horario desde os enlaces posteriores, así como seguir os resultados en directo o día da competición.

👉 Regulamento 👉 Horario

 

En canto ao sábado e domingo, 3 e 4 de marzo, será a categoría SUB20 (xunior) a que debutará na pista cuberta Expourense, que acolle por primeira vez desde moito tempo en Galicia un campionato en pista cuberta a nivel nacional.

Neste CAMPIONATO DE ESPAÑA PC para a categoría SUB20 participarán dous dos nosos atletas do Club; Adiaratou Iglesias, representando á categoría feminina nos 60 m.l. e Santiago Rozas na proba dos 60 m.v. masculina. Aquí deixamos tamén o regulamento da competición e o horario modificado, ademais do enlace para seguir os resultados en directo desde as opcións inferiores.

👉 Regulamento 👉 Horario modificado
MOITO ÉXITO, VÓS PODEDES!!